Asociación Galega de Guionistas

Abril 27, 2010

Axudas á escritura de guións

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 3:55 pm

Ven tamén de facerse pública a convocatoria de axudas á escrita de guións, entre outras axudas á creación audiovisual.  No DOGA tedes as bases. Hai trinta días de prazo, contando desdo o 24 de abril.

Abril 20, 2010

Subvencións AGADIC

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 2:12 pm

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) fixo pública a convocatoria de subvencións para a producción audiovisual para o 2010. O prazo remata o 20 de Maio.

Abril 18, 2010

Premios Mestre Mateo. Noraboa!

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 3:43 pm

Noraboa a todos os premiados nesta edición dos Mestre Mateo.

O premio ao mellor guión foi para Jorge Guerricoechevarría  e Daniel Monzón  por “Celda 211”.

Queremos tamén felicitar especialmente aos membros de AGAG que recibiron algún premio nesta edición:  Marcos Nine, (Mestre Mateo á mellor obra experimental por “Aaron”), Jorge Coira (mellor longametraxe documental por “¿Que culpa tiene el tomate?”), e Alfonso Zarauza (ex-aequo, mellor realización, por “O Nordés”).

Abril 9, 2010

AGAG e a Coordinadora de Asociacións do Audiovisual

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 11:00 am

AGAG forma parte da Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego. Xunto a AGAG, a coordinadora está integrada pola Asociación de Actrices e Actores de Galicia (AAAG), a Asociación de Técnicos do Audiovisual de Galicia (ATEGA) e a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA).

A coordinadora representa á totalidade das profesións do audiovisual galego e constituíuse coa vontade de defender e promocionar o noso Audiovisual e coa fin de ser un interlocutor válido diante das autoridades competentes para  axudar a definir unha politica Audiovisual seria e estable.

A Coordinadora  envioulle unha carta ao Conselleiro de Cultura e Turismo Roberto Varela na que se congratula pola convocatoria dos Premios  da Cultura Galega,  que supoñen un xusto recoñecemento e unha boa promoción do traballo feito polos diferentes profesionais da nosa Cultura.  Non obstante, estes premios consisten en só cinco categorías que exclúen ao Cine a Audiovisual ( Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Patrimonio Cultural e Promoción da Cultura Galega no Exterior). Na carta da Coordinadora reclámase, en consecuencia, a creación da categoría Cine e Audiovisual,  que sirva para recoñecer o traballo dos excelentes profesionais do Audiovisual Galego.

Por outra banda, a Coordinadora transmitiulle recentemente ao Director Xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, a súa felicitación polo 25 aniversario da primeira emisión da Radio Galega, emisión que veu significar o nacemento da CRTVG.

Abril 8, 2010

Formación

Filed under: Formación — guionistasgalegos @ 11:10 am

Do 19 ao 23 de Abril, celebrarase nos locais da SGAE de Santiago de Compostela un curso sobre guión, impartido por Xabier Bermúdez, guionista, director de cine e membro da asociación de directores de Galicia (CREA). O título do curso é “Guión sen trama”.

Programa Curso Guion sen Trama-SGAE

Abril 7, 2010

Directiva de AGAG

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 1:39 pm

A DIRECTIVA da Asociación Galega de Guionistas está formada por:

Xosé Henrique Rivadulla, presidente

Carlos Ares, vicepresidente

Carlos Aurelio López Piñeiro, tesoureiro

Ana Pita, secretaria

David Ramos, vogal

Púri Seixido, vogal

Contrato – marco

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 12:06 pm

Este é o modelo de contrato que nos gustaría propoñer como exemplo para establecer unhas condicións de traballo xustas para os guionistas.

Contrato Marco

O que cobran os guionistas

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 11:53 am

Déixovos aquí o documento onde se recollen os precios que cobramos os guionistas galegos na actualidade.

Estudo de prezos de mercado

Estatutos da Asociación Galega de Guionistas-AGAG

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 11:39 am

Deixámosvos aquí, provisionalmente unha copia dos nosos estatutos. Axiña subiremos unha versión máis doada de ler.

Estatutos de AGAG

Blog en WordPress.com.