Asociación Galega de Guionistas

Agosto 31, 2010

Encontro de Guionistas en Valencia

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 1:12 pm

O Foro de Asociaciones de Guionistas del Audiovisual, (FAGA), Autores Literarios de Medios Audiovisuales (ALMA), co  respaldo da Federación de Asociaciones de Guionistas Europeos (FES), convocan o primeiro “Encuentro de Guionistas Audiovisuales”.  A organización corre a cargo de Escritores del Audiovisual Valenciano (EDAV).

O encontro celebrarase en Valencia os días 1 e 2 de Outubro de 2010.

Encuentro de guionistas en Valencia 2010

Advertisements

Resolucións das axudas de AGADIC

Filed under: becas e axudas — guionistasgalegos @ 8:09 am

Poñémosvos aquí os enlaces coas novas de resolución das convocatorias de axudas á producción e ao talento de AGADIC.

Aquí podedes atopar os datos sobre as axudas á producción, e aquí os das axudas ao talento. Na parte inferior de ambas páxinas tedes o enlace para ver a listaxe de beneficiarios e contías.

Neste outro enlace tedes a relación de membros das comisións de selección de proxectos.

Agosto 3, 2010

Seminarios de formación para guionistas

Filed under: Formación — guionistasgalegos @ 7:51 pm

Como xa saben os socios de AGAG, estamos en proceso de desenvolver os programas para realizar unha serie de seminarios de formación a partir do outono. Estes seminarios pretenden proporcionar aos guionistas información práctica sobre como xestionar non só os seus traballos, senón as relacións contractuais coas empresas para as que traballan e incrementar os coñecementos sobre producción, promoción e vendas dos nosos proxectos.

Como calquer guionista sabe, negociar un contrato pode chegar a ser un proceso pantanoso. E atopar as vías de saída para facer chegar a clientes potenciais os proxectos que desenvolvemos é tamén tarea nada fácil, debido a que moitos descoñecemos, por un lado, que demanda o mercado audiovisual con precisión, e, por outro, a que portas podemos e debemos chamar na búsqueda de “clientes” para os nosos productos.

Estas cuestións son as que trataremos nos seminarios, de maneira que podamos sair todos cunha idea máis clara de por onde tirar en tempos de crise, e tamén para que levemos máis directamente as rendas do noso traballo.

Os docentes dos seminarios serán xente que traballa no día a día nas tarefas de producción, desenvolvemento e compra de guións. Así saberemos de primeira man como optimizar os recursos ao noso alcance.

Os seminarios estarán abertos non só a membros da asociación senón a calquer guionista que teña interese en ampliar os seus coñecementos do sector.

Blog en WordPress.com.