Asociación Galega de Guionistas

Setembro 3, 2010

Recorte de orzamento na CRTVG

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 8:41 am

A Coordinadora de Asociacións do Audiovisual Galego  envioulle unha carta ao Director Xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Anxo Quintanilla prantexándolle varias cuestións.

A primeira é o restraso na publicación por parte do IGAPE do plan de créditos á producción audiovisual.  A segunda, o retraso da resolución da convocatoria de axudas da CRTVG á producción independente (o fallo tiña que terse anunciado en Xuño e ainda non se sabe nada). E en terceiro lugar, a preocupación que desperta en todo o sector o feito de que nos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma para 2011 está previsto un recorte no orzamento da CRTVG de entre 15 e 20 millóns de euros. Esto suporá un recorte selvaxe na producción audiovisual galega.

Envióuselle tamén unha carta, amosando a nosa preocupación por ese recorte, ao Director Xeral de CRTVG, ao Secretario Xeral de Medios e ao Presidente da Xunta.

Advertisements

Setembro 1, 2010

Programa de Formación de Media

Filed under: Formación — guionistasgalegos @ 8:16 pm

Como moitos saberedes, Media é un programa europeo de apoio ao audiovisual que ofrece, entre outras cousas, actividades formativas diversas. No documento ao pé desta entrada  atoparedes o listado desas actividades, os datos relevantes e os enlaces que vos permitirán actualizar a información e contactar para coñecer o programa para o ano 2011.

Se tedes calquer pregunta ou dúbida, o enderezo da oficina de Media en España que corresponde a Galicia  (a de Madrid), é :   info@mediadeskspain.eu

guide2010 training and networks in europe

Blog en WordPress.com.