Asociación Galega de Guionistas

Outubro 30, 2010

Curso de Producción para Guionistas

Filed under: Formación — guionistasgalegos @ 10:51 am

A Asociación Galega de Guionistas, coa colaboración da SGAE, desenvolve o sábado 6 e o domingo 7 un seminario de Producción para Guionistas.

O seminario ten como obxectivo proporcionarnos os coñecementos necesario para saber adaptar os productos que os guionistas creamos ás necesidades de contidos e formatos que demanda o mercado, e coñecer que clientes potenciais teñen os nosos proxectos.

Alfonso Blanco (productor de “Matalobos”, “A vida por diante”, “Padre Casares”, “El menor de los males”, “De bares”, “Mareas Vivas”, etc) é o profesional que impartirá o curso.

O seminario desenvolverase na sede da SGAE de Santiago de Compostela en horario de 10 a 4, cunha breve pausa para un tentempé á 1.

É gratuito para os socios de AGAG, o mesmo que para parados e estudantes. Para o resto dos asistentes, o precio é de 20 euros.

Para inscripcións, escreber a guionistasgalegos@gmail.com proporcionando nome, teléfono de contacto, profesión e situación laboral.

 

Advertisements

2 Comentarios »

  1. Moi interesante. Destas cousas hai pouca xente que saiba máis de Alfonso Blanco. A ver se podo ir.

    Comentario por Carlos Ares — Outubro 30, 2010 @ 4:52 pm | Resposta

  2. O que nos vai contar Alfonso Blanco é o resultado dunha longa experiencia non só na producción, senón no desenvolvemento e venta de proxectos, na edición de guións, etc. Pouca xente nos pode dar unha visión tan completa dos parámetros nos que deberíamos movernos os guionistas para sacar o máximo partido ao noso traballo.

    Comentario por guionistasgalegos — Outubro 30, 2010 @ 5:24 pm | Resposta


RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

%d bloggers like this: