Asociación Galega de Guionistas

Novembro 5, 2010

Seminario de Producción para guionistas. Rematou o prazo

Filed under: Formación — guionistasgalegos @ 2:17 pm

Agradecemos moito todas as solicitudes por participar e o interese e apoio amosado por tanta xente, pero a esta hora, 15:15 do venres 5 de Novembro temos que dar por pechado o cupo. En realidade, xa o sobrepasamos cumpridamente, pero non queríamos deixar a ninguén fóra. Sentimos moito que non podamos dar cabida a máis xente, pero sería imposible desenvolver un curso destas características con máis de corenta persoas.

Continuaremos intentando desenvolver actividades formativas de interese para os guionistas.

Moitas gracias e seguide visitándonos.

Advertisements

Outubro 30, 2010

Curso de Producción para Guionistas

Filed under: Formación — guionistasgalegos @ 10:51 am

A Asociación Galega de Guionistas, coa colaboración da SGAE, desenvolve o sábado 6 e o domingo 7 un seminario de Producción para Guionistas.

O seminario ten como obxectivo proporcionarnos os coñecementos necesario para saber adaptar os productos que os guionistas creamos ás necesidades de contidos e formatos que demanda o mercado, e coñecer que clientes potenciais teñen os nosos proxectos.

Alfonso Blanco (productor de “Matalobos”, “A vida por diante”, “Padre Casares”, “El menor de los males”, “De bares”, “Mareas Vivas”, etc) é o profesional que impartirá o curso.

O seminario desenvolverase na sede da SGAE de Santiago de Compostela en horario de 10 a 4, cunha breve pausa para un tentempé á 1.

É gratuito para os socios de AGAG, o mesmo que para parados e estudantes. Para o resto dos asistentes, o precio é de 20 euros.

Para inscripcións, escreber a guionistasgalegos@gmail.com proporcionando nome, teléfono de contacto, profesión e situación laboral.

 

Outubro 6, 2010

Masterclass en Madrid

Filed under: Formación — guionistasgalegos @ 12:10 pm

A SGAE organiza unha masterclass con Carlton Cuse, guionista e productor executivo da serie “Lost” (“Perdidos”) durante os días 14 e 15 de outubro en Madrid. Aquí tedes unha breve información sobre a masterclass, que durará 2 días e custará 150 euros. Botádelle un vistazo porque parece interesante polo seus contido. Póñovos continuación un mini-dossier da actividade.

Carlton Cuse Masterclass-información

Setembro 1, 2010

Programa de Formación de Media

Filed under: Formación — guionistasgalegos @ 8:16 pm

Como moitos saberedes, Media é un programa europeo de apoio ao audiovisual que ofrece, entre outras cousas, actividades formativas diversas. No documento ao pé desta entrada  atoparedes o listado desas actividades, os datos relevantes e os enlaces que vos permitirán actualizar a información e contactar para coñecer o programa para o ano 2011.

Se tedes calquer pregunta ou dúbida, o enderezo da oficina de Media en España que corresponde a Galicia  (a de Madrid), é :   info@mediadeskspain.eu

guide2010 training and networks in europe

Agosto 3, 2010

Seminarios de formación para guionistas

Filed under: Formación — guionistasgalegos @ 7:51 pm

Como xa saben os socios de AGAG, estamos en proceso de desenvolver os programas para realizar unha serie de seminarios de formación a partir do outono. Estes seminarios pretenden proporcionar aos guionistas información práctica sobre como xestionar non só os seus traballos, senón as relacións contractuais coas empresas para as que traballan e incrementar os coñecementos sobre producción, promoción e vendas dos nosos proxectos.

Como calquer guionista sabe, negociar un contrato pode chegar a ser un proceso pantanoso. E atopar as vías de saída para facer chegar a clientes potenciais os proxectos que desenvolvemos é tamén tarea nada fácil, debido a que moitos descoñecemos, por un lado, que demanda o mercado audiovisual con precisión, e, por outro, a que portas podemos e debemos chamar na búsqueda de “clientes” para os nosos productos.

Estas cuestións son as que trataremos nos seminarios, de maneira que podamos sair todos cunha idea máis clara de por onde tirar en tempos de crise, e tamén para que levemos máis directamente as rendas do noso traballo.

Os docentes dos seminarios serán xente que traballa no día a día nas tarefas de producción, desenvolvemento e compra de guións. Así saberemos de primeira man como optimizar os recursos ao noso alcance.

Os seminarios estarán abertos non só a membros da asociación senón a calquer guionista que teña interese en ampliar os seus coñecementos do sector.

Abril 8, 2010

Formación

Filed under: Formación — guionistasgalegos @ 11:10 am

Do 19 ao 23 de Abril, celebrarase nos locais da SGAE de Santiago de Compostela un curso sobre guión, impartido por Xabier Bermúdez, guionista, director de cine e membro da asociación de directores de Galicia (CREA). O título do curso é “Guión sen trama”.

Programa Curso Guion sen Trama-SGAE

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.