Asociación Galega de Guionistas

Novembro 24, 2010

Premios Mestre Mateo

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 9:57 pm

Está aberto xa o prazo para presentación de candidaturas aos premios Mestre Mateo 2010. Toda a info e moito máis na páxina da Academia Galega do Audiovisual.

Advertisements

Pitching organizado polo CLAG

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 9:52 pm

Amplíase o prazo ate o 30 de novembro para apuntarse ao pitching que organiza o CLAG, “VI I+P, ideas para producir”. Abaixo, os detalles.

PROGRAMA PROVISIONAL + ASISTENTES A 23.11.10

Formulario Inscrición I+P 2010_Galego

Novembro 11, 2010

A Academia Galega do Audiovisual organiza o VIII Foro Academia Aberta

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 1:40 pm

A Academia Galega do Audiovisual remítenos esta información, que pode ser de interese para todos.

O Foro Academia Aberta é un espazo dedicado ao estudo e debate daqueles aspectos de actualidade do audiovisual galego que preocupan aos profesionais do sector. Nesta VIII edición o tema do Foro é a creatividade en tempos de crise no que dende un punto de vista profesional, e en positivo, trataremos de estudar novas alternativas de produción, financiamento, exhibición ou distribución aproveitando as oportunidades  que nos ofrecen as novas tecnoloxías, así como Internet, para que o noso sector poida seguir a medrar.

Este VIII Foro desenvolverase desde o  día 16 ao 18 de Novembro na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago (Rúa do Vilar, 19). A entrada é libre.

Este é o documento cos detalles do programa.

Academia Aberta 2010

 

Novembro 10, 2010

Curso de Producción Low Cost (Produccións Baratas, en idioma indíxena)

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 9:10 pm

O Cluster do Audiovisual organiza un curso de Produccións Low Cost. O enlace aquí.

Novembro 3, 2010

Curso de guión e narrativa audiovisual da SGAE

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 8:54 pm

A SGAE organiza un curso de guión e narrativa audiovisual que comenza o 18 de novembro e será impartido por Pablo Portero. Debaixo tedes os detalles.

guion e narrativa audiov – programa

Outubro 25, 2010

Xornadas Terapéuticas da AAG

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 3:15 pm

Esta semana celébranse unhas Xornadas de Teatro e Audiovisual que organiza a Asociación de Actores e Actrices de Galicia;  terán lugar este mércores 27 dende as 10.00 da mañá no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, Santiago). Baixo o nome “Xornadas Terapéuticas da AAG, en busca dun tratamento eficaz”, comezarase pola mañá coa mesa “A crise e o teatro, ¿ou o teatro en crise?” e continuará despois das 16.30 coa mesa “A crise do audiovisual ou o audiovisual en crise?”.

Póñovos debaixo o documento cos detalles.

XORNADAS TERAPEUTICAS-web

Outubro 22, 2010

Axudas ao talento

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 10:32 am

Parece que de momento podemos respirar tranquilos no que se refire a futuras convocatorias de Axudas ao Talento. Corcón, presidente de AGAG,  púxose en contacto  co Xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Anxo Quintanilla, e este aseguroulle que as axudas se van manter e que desde o propio Consorcio se valoran moi positivamente os resultados das mesmas.

Conclusións de FAGA e ALMA sobre o Encontro de Guionistas en Valencia

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 10:14 am

Déixovos a pé  o documento redactado por ALMA e FAGA sobre o Encontro de Guionistas que se celebrou en Valencia a primeiros deste mes.

CONCLUSIÓNS DE FAGA E ALMA AO PRIMEIRO ENCONTRO DE GUIONISTAS

Outubro 20, 2010

Manifesto en contra da desaparición de axudas ao talento

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 2:13 pm

Ante o perigo de que se reduzan e desaparezan as axudas a guionistas individuais para a escrita de guións (as chamadas “axudas de creación e desenvolvemento do talento audiovisual”)  un grupo de profesionais do audiovisual elaborou un manifesto para facer pública a súa preocupación e a súa oposición a esta posibilidade.  No enlace atoparás as indicacións de como asinalo.

A posibilidade de que, como nos vellos tempos, só as productoras podan presentar guións para o seu desenvolvemento non deixa de ser preocupante. Sen estas axudas, tal vez Oliver Laxe non tería gañado o premio da Quincena dos Realizadores en Cannes. Ninguén debería despreciar a potencialidade dos creadores galegos, e moito menos o propio goberno. E a supresión destas axudas sería un acto de enorme desprecio que os creadores galegos non merecen.

Tanto  o Xornal de Galicia coma El País incluen información sobre este asunto. Podedes ademáis atopar máis info no blog do noso compañeiro Marcos Nine.

Outubro 13, 2010

Artigo de Alfonso de la Puente (AGAG) sobre o Encontro de Guionistas

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 5:46 pm

Deixámosvos aquí a crónica de Alfonso sobre o recente Encontro de Guionistas dos que xa tratara o presidente de AGAG nun post anterior.

I Encontro de Guionistas de Valencia

As Conversacións de Valencia

de Alfonso de la Puente

En maio de 1955 tivo lugar en Salamanca un encontro entre cineastas da vella escola y mozos recén saídos do Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas entre os que se contaban futuros grandes talentos como José Antonio Bardem, Basilio Martín Patino ou José Luis Borau. Bardem calificou ao cinema español de entón como politicamente ineficaz, socialmente falso, intelectualmente ínfimo, esteticamente nulo e industrialmente raquítico. Aquilo tiña que cambiar. E así sucedeu. Nese providencial encontro naceron as bases do que se convertiría anos despois no Novo Cinema Español. Aquel encontro pasou a historia como as Conversacións de Salamanca.

Salvando al lóxicas distancias entre directores furiosos e guionistas desamparados, despois de asistir ao Primeiro Encontro de Guionistas, que se desenvolveu no IVAM de Valencia entre o 1 e o 3 de outubro, teño a sensación de que vivín un momento histórico. Pode soar a arroutada pretenciosa, porén é así como o sinto, ademáis nesta vida hai que ter de cando en vez arroutadas tolas e ser un pouco pretencioso para que te tomen en serio. É a primeira vez que teño conciencia real de pertencer a un colectivo, un colectivo que a día de hoxe é unha pantasma social, sen presencia nos medios de comunicación, sen voz nos sindicatos maioritarios e sen nomes propios na memoria do espectador, mais colectivo á fin. Acabouse esa imaxe ostracista do escritor audiovisual –etiqueta da que gosto máis que a de guionista- so na súa casa, agobiado fronte ao documento Word en branco, illado do mundo e dos seus colegas. Acabouse. Agora podemos falar en plural. Creo que me deixei levar pola euforia e debo corrixir algo. A imaxe do escritor agobiado fronte ao documento Word en branco vai seguir exactamente igual.

Sinto que algo empeza a cambiar. Agora alomenos nós sabemos que existimos. Xa non seremos lendas urbanas ambulantes por máis tempo. Puxemos cara a nomes que só leramos en créditos. Compartimos opinións acerca de problemáticas que nos afectan a todos como a regulación dos contidos nesa terra de ninguén que é internet, o establecemento de tarifas profesionais que sexan respectadas polos productores ou se os guionistas de non ficción deberían  cobrar ou non dereitos de autor. Reunímosnos máis de douscentos profesionais procedentes de todos os recunchos de España. E isto só foi o principio.

Con máis de douscentos guionistas xuntos e tres días de encerro era inevitable que xurdira a palabra maldita, crise, que de tan manida, alomenos para min, empeza a quedar baleira de significado. Non se pode negar que estamos atravesando un mal momento, que hai moitos compañeiros en paro e que os orzamentos das televisións e institucións públicas caeron. Porén eu prefiro quedar co positivo. Nunca antes tantos guionistas ocuparan postos de productores executivos –varios de eles asistiron como ponentes ao encontro-, nunca antes tantos guionistas foron os principias creadores e controladores das súas ficcións e nunca antes houbera tantas plataformas audiovisuais (TDTs, móbiles, iPads, redes sociais, televisións online…) con fame de contidos. Estamos nun momento de cambio. Estamos asistindo á redefinición do modelo audiovisual imperante nas últimas décadas. O guionista, como creador de contidos, o que pare e dá forma ás ideas, vai xogar un papel cada vez máis importante neste novo modelo audiovisual 2.0 no que a fronteira virtual entre internet e televisión se vai difuminar cada vez máis. A clave estará en saber recliclarse e adaptarse.

Estou certo de que destas Conversacións de Valencia, parafraseando ao grande Bardem, agromará un novo guionista, un guionista politicamente eficaz, socialmente visible, intelectualmente competente, industrialmente potente e esteticamente… en fin, todo o estético que pode ser un guionista.

 

« Páxina anteriorPáxina seguinte »

Blog en WordPress.com.