Asociación Galega de Guionistas

Febreiro 7, 2011

Galardón para Óliver Laxe nos Premios DocsBarcelona

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 12:44 am

AGAG quere enviar a súa noraboa a Óliver Laxe polo novo premio TV3 Novo Talento que recibiu recentemente nos  DocsBarcelona polo seu filme Todos vós sodes capitáns.

Xaneiro 31, 2011

Asamblea Extraordinaria da Academia Galega do Audiovisual

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 11:56 am

Os que sodes socios da Academia, non esquezades que o venres, 4 de febreiro, na sede da Fundación Caixa Galicia (Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela) celébrase unha ASAMBLEA  ás 18.30 horas en primeira convocatoria e ás 19.00 horas en segunda convocatoria. Este é un resumo do que se pode ler ao respecto na Web da Academia:

“O motivo desta Asamblea son as dificultades ás que se enfronta. O financiamento das actividades que a Academia Galega do Audiovisual vén desenvolvendo desde a súa creación, e da que os Premios Mestre Mateo son o máis sobranceiro, vaise ver seriamente comprometido neste ano 2011.

O apoio económico co que viñamos contando por parte de CRTVG desapareceu. Non se reduciu, senón que desapareceu. A Compañía, que polo demais amosa vontade de colaborar, mantén a súa achega técnica para a gravación e retransmisión da gala, pero decidiu eliminar a achega económica, que en anos anteriores se cifraba en 30.000 €.

Por outra parte, desde que a Academia botou a andar contamos co apoio económico dos departamentos de Cultura, Comunicación e Industria, por riba dos 100.000 € anuais, imprescindibles para o desenvolvemento das actividades da Academia que inclúen a execución dos Premios Mestre Mateo. Industria decidiu retiralo desde o inicio da actual lexislatura. Os departamentos de Cultura e Comunicación seica acordaron conducir o apoio desde o Consorcio Audiovisual de Galicia neste ano 2011. Pero, malia as reiteradas xestións que vimos facendo desde meses atrás, a día de hoxe, a Xunta de Galicia aínda non é quen de concretar a súa aportación ás actividades da Academia”

Desde AGAG agardamos que a situación se resolva da mellor maneira posible.


Xaneiro 25, 2011

Problemas cargando a páxina do formulario de solicitude de axudas do ICAA

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 2:18 pm

Déixovos aquí o documento co formulario para solicitar as axudas do ICAA á escritura de guión, xa que nalgúns casos está dando problemas para cargala directamente na páxina do ICAA.

ayudaCreacionGuiones

Xaneiro 21, 2011

Galegos premiados nos Gaudí

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 12:49 pm

A Asociación Galega de Guionistas enviou as súas felicitacións aos galegos que resultaron premiados nos Gaudí.

Noraboa   aos responsables de Abano Filmes e  Continental, coproductores xunto coa catalana Anera Films  da película La tropa de trapo, que recolleu o Gaudí á mellor película de animación.

E noraboa tamén a Rodrigo Cortés polos dous  Gaudí da súa película  Buried, á mellor película en língua non catalá, e á mellor montaxe. Tamén estes días Cortés recolleu dous premios máis para o seu filme, o Forqué que concede EGEDA e o Ojo Crítico de RNE.

Xaneiro 18, 2011

Axudas ao Desenvolvemento de Guión de Longametraxe do ICAA

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 12:06 am

O pasado 15 de xaneiro de 2011, o ICAA publicou a convocatoria das Axudas ao Desenvolvemento de Guión de Longametraxe deste ano, adiantándose así quince días ás datas ás que nos ten afeitos. Atención polo tanto, xa que a data límite para a presentación das solicitudes tamén adiántase ao 15 de febreiro de 2011.

Hai que presentar unha sinopse de entre 1 e 3 páxinas, unha memoria de 1 a 3 páxinas e un tratamento de 15 a 30 páxinas.

 

Os criterios de valoración son:

– A orixinalidade e calidade do proxecto (ata 60 puntos)

– A viabilidade cinematográfica do proxecto (ata 15 puntos)

-O historial profesional do guionista (ata 25 puntos)

Máis info aquí.

E aquí, sobre outras axudas.

Xaneiro 16, 2011

Premis Gaudí

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 8:07 pm

Hoxe celébrase a Gala dos Premis Gaudí que organiza a Acadèmia del Cinema Catalá.

Como é habitual, a Academia Galega do Audiovisual está convidada e este ano represéntaa Carlos Ares, que tamén é directivo da Asociación Galega de Guionistas.

Agardamos a súa crónica.

Xaneiro 12, 2011

Programa ACTÚA-Obradoiros de Teatro

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 6:22 pm

Deixámosvos abaixo o arquivo pdf coa información dos obradoiros de formación teatral para actores e actrices profesionais que desenvolverá o programa ACTÚA da Concellaría de Cultura do Concello de A Coruña.

ACTUA_Programa

Xaneiro 9, 2011

Actividades da Academia: proxeccións das curtas candidatas aos Premis Gaudí.

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 7:54 pm

A Academia Galega do Audiovisual proxectará na vindeira semana as curtas presentadas aos Premis Gaudí deste ano, que se celebrarán o vindeiro día 17 de xaneiro en Barcelona. Esta actividade vén celebrándose dende o ano pasado, onde as curtas presentadas aos Premis Gaudí son proxectadas en Galicia, antes de recibiren os galardóns. Posteriormente tamén serán exhibidas as longametraxes premiadas. Do mesmo xeito, as obras presentadas aos Premios Mestre Mateo, no capítulo de curtas e longas premiadas, tamén serán exhibidas en Cataluña.

Máis info aquí.

Decembro 23, 2010

Búscase guionista

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 12:49 pm

A productora Faro remítenos o seguinte anuncio:

Precísase guionista con experiencia constratada no eido audiovisual, preferiblemente en programas de televisión para contratación inmediata. Requísese dominio do galego (oral e escrito) e valorarase experiencia na edición de contidos.
Interesados enviar cv antes do 10 de xaneiro de 2011.
programatvg@gmail.com

Decembro 1, 2010

Charla sobre Contratos

Filed under: Uncategorized — guionistasgalegos @ 12:21 pm

O próximo venres 3 de decembro celebramos unha charla sobre os contratos dos guionistas na sede da SGAE en Santiago a partir das 6  da tarde, impartida por Gonzalo Ezpondaburu. Apuntádevos se vos interesa enviando os vosos datos ao noso correo electrónico, guionistasgalegos@gmail.com.

Páxina seguinte »

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.